Nadal,
vítima dun golpe de calor, retírase en Miami
Hola xogadores da rede, interesábame
falarlles do recente golpe de calor do lexendario tenista español Rafa Nadal, o tenista de Manacor
foi vítima dun golpe de calor no seu debut en Miami contra Damir Dumzhur, xa que abandonou un partido por
oitava vez na súa carreira.
O tenista afirmou que non puido, como
desexaba, confirmar as boas sensacións. E
tras varios intentos por seguir na pista, retirouse. O marcador era favorable a
Dumzhur por 2-6, 6-4 y 3-0 cando Rafa dixo basta.
E a oitava vez que Nadal abandona un partido, a primeira dende os
cuartos de final do Open de Australia 2010, entón por lesión. O duelo disputábase baixo unhas condicións extremas: 34
grados e un 95 por cento de humidade. Nadal adxudicárase
a primeira manga con certa comodidade.
Pero un despiste no segundo set permitiu a Dumzhur
dominar o marcador por 4-2.
Chegou entón a reacción de Nadal (4-4) aínda
que non puido manter a racha e volta a ceder o seu saque, circunstancia que o
bosnio aproveitou a perfección para igualar a contenda.
Foi entón cando Rafa pediu a atención do fisioterapeuta e o doutor.
No pouco que se puido oír da conversación mencionouse a palabra “sales”. O
fisio púxolle uns polvos na botella de auga e o partido reanudouse.
Novo intento por non abandonar. Volve
a pista pero non está nela. "Non me sinto ben. Non creo que poida
seguir", oíuselle a Rafa. Non puido.
Dirixiuse a rede e deu a súa participación por concluída.
Ningún comentario:
Publicar un comentario