domingo, 1 de maio de 2016

Regras básicas do tenis


Hola xogadores da rede aquí o seu blogger favorito Antón Durán Paz que antes de falarlles do tema principal que como xa saberedes polo titulo é regras básicas do tenis falaremos de que a final que comentei na anterior entrada foi gañada por Nadal o cal esta preparado para o próximo torneo: Roland Garros.

Como isto e moi longo, terei que facer varias entradas para explicalo pero hoxe poremos as dúas regras máis básicas:

Pista de tenis


As medidas da cancha de tenis son 23,77 metros de longo e 10,97 metros de ancho para as partidas de dobres (liñas externas - vexa a figura anterior) e 8,23 metros de ancho para individuáis (liñas internas). A rede debe ter unha altura de 1,06 metros e unha caixa de servizo onde a pelota debe caer na execución dun servizo de 6,40 metros de lonxitude e 4,11 metros de ancho.

A pelota

A pelota de tenis debe ter unha superficie externa uniforme de cor amarela con liñas brancas. O seu diámetro será entre 6,54 a 6,86 cm e o seu peso estará comprendido entre 56,0 e 59,4 gramos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario